As anécdotas da xornada electoral

A xornada transcorreu practicamente sen incidentes, se ben houbo algunha que outra anécdota

Arranca a xornada electoral. Os galegos eliximos hoxe os 75 deputados do Parlamento autonómico. Hoxe están chamados ás urnas case dous millóns oitocentas mil persoas. A maioría viven habitualmente en Galicia. Pero preto de medio millón teñen que exercer o seu dereito ao voto dende o estranxeiro. Arxentina é o país que máis electores achega.

Case 80.000 electores depositan hoxe o voto por primeira vez. Son os mozos que fixeron 18 anos dende as anteriores autonómicas, en outubro de 2012. 

E para exercer o dereito ao voto os 314 concellos galegos disporán de case catro mil mesas repartidas en 2.400 colexios electorais. Todas abriron con normalidade agás esta de Canido, en Ferrol, tardaron en atopar a chave do local onde se gardaban as papeletas e as cabinas.

A mesa tardou en constituírse así que aínda que o resto de colexios pechen ás oito, este de Canido terá que estar aberto unha hora máis. 

Outra das anécdotas da xornada rexistrábase nun colexio electoral da cidade da Coruña. Non apareceu nin o presidente nin os suplentes...así que tocoulle quedar na mesa á primeira persoa que acudiu votar. 

A quen non colleron deprevenido foi a este home, en todas as citas electorais quere ser o primeiro en depositar o voto na súa mesa.

É que hai a quen sempre madruga para votar.

Entre os máis madrugadores atopamos tamén este médico de Lugo, vestido xa para o traballo foi votar antes de comezar a garda.

Nas mesas electorais, entre os máis novatos había algo de nervios.

O deste ano agárdase que sexa o escrutinio máis rápido nunhas eleccións galegas. Este domingo traballarán máis de 2.700 representantes da Administración, e por primeira vez contarán con cadansúa tableta para a transmisión de datos dende o propio colexio.

AtrásVer versión webVolver á versión móbil