Os resultados finais coinciden coa enquisa de Demoscopia para TVG

A enquisa a pé de urna elaborada por TNS Demoscopia durante esta xornada electoral para a Televisión de Galicia achegou uns resultados que, finalmente, e con case o 100% dos votos escrutado, coincidiron cos resultados finais. 

Ás 20.00h achegabamos os datos revelados por esta enquisa, que cifraba o número de deputados do PPdeG en 38-41, En Marea 14-16, PSdeG en 14-16, BNG en 5-6 e Ciudadanos 0-1.

Finalmente, os resultados coincidiron, conseguindo o PPdeG unha ampla maioría acadando 41 deputados. Pola súa banda, En Marea e PSdeG conseguiron 14 deputados cada un, mentres que o BNG sumou 6 deputados e Ciudadanos quedou sen representación. 

AtrásVer versión webVolver á versión móbil