O 21 de outubro constitúese o novo Parlamento

Veremos no Parlamento galego moitos deputados que repiten escano pero tamén 54 caras novas.A cámara autonómica constituirase o 21 de outubro. Aínda que o prazo legalmente establecido sempre son 30 días despois das eleccións, nesta ocasión a tramitación dos presupostos do próximo ano adianta os prazos.

O Diario Oficial de Galicia establece as datas do 14 de outubro ata o 23 de novembro, como límite último para a proclamación dos deputados electos, en previsión de posibles recursos que se poidan presentar.  Entre o 3 e o 6 de outubro farase o escrutinio xeral. E nos días seguintes ábrese ese prazo de recursos. Finalmente, como dis, a cámara constituirase  o día 21.

Mentres tanto, hoxe é día de analizar os resultados electorais. Esta mañá reúnese o comité de dirección do Partido Popular de Galicia. A xuntanza será nun hotel de Santiago. Ás once e media comparece ante os medios o presidente Feijóo. E pola tarde, tamén na capital galega reúnese a executiva nacional do BNG. Tamén neste caso falará a voceira nacional, Ana Pontón.

AtrásVer versión webVolver á versión móbil